Vilalba, 17-3-2012
V Xuntanza de
Bachilleres do 79
28 – Abril –
2012
Querido
compañeiro/a:
Xa está
chegando de novo abril, e como todos os anos, o ultimo sábado
(28-4-12) témolo reservado para
encontrarnos de novo
os compañeiros e
compañeiras do Bacharelato do 79.
A
xuntanza terá lugar no Parador de Vilalba, cunha Cea Medieval no salón comedor da
Torre
do castelo dos
Condes de Andrade, estará todo
preparado
para esta ocasión especial.
Contaremos
coa honorable presenza do mestre de armas do castelo, procedente de Terra Santa,quen nos
relatará as súas aventuras e desventuras
e finalizará cun conxuro para a
purificación das almas e espíritos dos asistentes.
A cea comezará ás 22:00.
O
prezo da
cea son 45 € facede o ingreso en:
Nova Caixa Galicia Banco Nº 2080 0148
65 3040022483
Data límite para a reserva / ingreso en conta ata o 22 de Abril de 2012 (é moi importante
respectar esta data para adaptar o salón ao número de asistentes)
Os máis
madrugadores tomaremos coma sempre unhas cañas
nos locais da praza de Sta. María, Stama,
Píos, etc... máis ou menos unha hora
antes.
Despois
da cea, e do que veña, faremos un
sorteo, e a persoa agraciada poderá pasar , totalmente gratis, unha noite no Parador de Vilalba .
Soa ou
acompañada (sobrarán voluntarios/as)
Se tedes
algunha dúbida podedes falar con calquera de nós.
Carlos
,móbil :649452948
Pili, móbil : 606871007
Un saúdo e ata o
día 28
Carlos e Pili